A revisión periódica no taller pódenos previr de moitos riscos e da deterioración do noso vehículo. Mantén o teu coche en perfecto estado para todas as túas viaxes.
Os amortiguadores son unha parte crave do vehículo e deben manterse sempre vixiados. Os amortiguadores sérvennos para:
- Que o coche se manteña adherido á estrada sen escorregar.
- Ter seguridade nas curvas.
- Conducir comodamente.
- Evitar que o coche navegue.
Posibles riscos en amortiguadores deteriorados
Un 60% de coches con máis de 200.000 km teñen os amortiguadores deteriorados e un 22% de coches con 25.000 km tamén están nesta zona de risco.
Isto aumenta as posibilidades de sufrir accidentes e de que o noso coche se deteriore. Uns malos amortiguadores son un elemento que incide directamente na nosa seguridade xa que aumenta a distancia de freado e diminúe o control en curvas. Así, expómonos constantemente aos perigos da estrada e aínda que nós reaccionemos a tempo, o noso coche non o fará.
Os expertos constatan que os amortiguadores empezan a ser menos efectivos progresivamente a partir do 30.000 km acumulados. Para unha seguridade total debemos revisalos e facer unha diagnose cada 20.000 km e cambialos como máximo cada 60.000 km.
O problema real dos amortiguadores é que, nunha circulación normal, non notaremos que fallan, será sobre todo en situacións de risco extremas como esquivar obstáculos inesperados ou freadas de emerxencia nas que poderemos identificar a deterioración dos amortiguadores.
Non esperes a ter unha destas situacións para facer o cambio. Acode ao noso taller para asegurar que os teus amortiguadores están en perfecto estado. A partir do 100.000 km os amortiguadores perden eficacia, pois empezarán a forzar a suspensión e os seus resortes.
Diagnose
O noso taller ofrece unha diagnose do estado do teu vehículo. Identificaremos posibles problemas tanto nos amortiguadores como na climatización ou nos freos.
Aínda que a primeira vista pareza que o coche circula sen problemas, unha visita ao noso taller pode previr moitos accidentes.