Un dos aspectos esenciais que se valora no mecánico de coches é o estado de todos os sistemas de climatización, porque o seu correcto funcionamento asegura o máximo confort e seguridade tanto ao condutor como aos seus acompañantes.
Revisión e diagnose
Os sistemas de climatización como o aire acondicionado, a calefacción e o sistema de ventilación forman parte da seguridade activa. É dicir, de todos aqueles elementos que proporcionan unha maior eficacia e estabilidade ao vehículo cando está en marcha, e por tanto, permiten evitar posibles accidentes. Á súa vez, unha boa climatización do automóbil contribúe a un maior confort tanto do condutor como dos pasaxeiros.
É por todo isto que contar cun experto mecánico de coches que realice unha boa diagnose é básico para manter unhas condicións óptimas de temperatura, humidade e ventilación. En talleres GuillerMotor podemos detectar posibles fallos ou avarías nas válvulas termostáticas, o motor térmico, o radiador, ou outros compoñentes de climatización e evitar consecuencias graves durante a condución, como poden ser o aumento de fatiga e distraccións.