Non é boa idea circular con pouco combustible no teu coche

Estamos seguros que nalgunha ocasión circulache con pouco combustible, polo motivo que fora, falta de previsión, desgana de ir á repostar… A cuestión é que, cando xa se encendeu o piloto da reserva do combustible, é sempre o momento repostar.

Esa luz indícache que o depósito ten un 10 ou 15% de combustible, a cantidade xusta para chegar a unha gasolineira e repostar. Imos ver algunhas razóns polas que desde Talleres GuillerMotor non te recomendamos en absoluto facer disto unha práctica habitual.

Por que non deberías circular con pouco combustible no teu coche?
Como dicimos, isto non é un problema si se fai de maneira extraordinaria, pero tomalo como algo habitual pode facer que o noso coche se vexa seriamente perxudicado. A ver, que se tes problemas co coche podes vir vernos, pero é mellor evitalo, non?

En primeiro lugar, debes saber que o combustible, sexa o que sexa, sempre leva sucidade que tende a baixar ao fondo do depósito. Circular con pouco combustible de maneira frecuente pode facer que esas impurezas entren na inxección danando os elementos do mesmo sistema. E deixa que che digamos que non se trata de avarías baratas. Nos coches de gasolina pode custar uns 200 euros máis a man de obra, e no caso dos coches diésel, o custo do inxector pode ir ata os 350 euros. E no caso de que o problema estea na bomba de inxección, a avaría pode rondar os 450 euros.

Que outros elementos se poden ver danados no noso coche?
Pois dos moitos elementos aos que pode perxudicar o circular con pouco combustible, outro é a mesma bomba de combustible. A bomba de combustible é a que succiona o combustible para que o coche funcione axeitadamente e no caso de que o nivel non sexa o axeitado, é dicir, que sexa demasiado baixo, o que ocorre é que se forman burbullas de aire que obrigan a esta peza a traballar en exceso. Este traballo extra da peza, o que fai é provocar un acortamento importante da vida útil e que a teñamos que cambiar antes do que deberiamos. De novo, esta é unha reparación que non é nada económica, xa que hai que usar moita man de obra.

Pero a cuestión non se detén aquí. Facer circular o coche en reserva fai que o filtro de combustible deixe de cumprir a súa función axeitadamente. Isto, como podes imaxinar, ten unha consecuencia: o consumo de gasolina aumenta e nun longo prazo nos afecta no plano económico.

Non, non é boa idea circular con pouco combustible
Xa deixamos claro, ou polo menos iso pensamos, que non é unha boa idea conducir o teu coche cando xa se encendeu a luz de reserva. É a mellor forma de previr posibles avarías graves: repostar cando xa o nivel de combustible está por abaixo do cuarto de depósito.

Neste sentido, a previsión é fundamental. Tal vez non queiras repostar en gasolineras habituais e prefiras facelo nas que son máis económicas, algo comprensíbel debido ao prezo ao que se paga o carburante na actualidade. O mellor é que mires cales son as gasolineras que máis che convén e calcules a ruta.

E por último, xa postos, evita repostar cando o camión enche os tanques da gasolineira, ao encher os tanques as impurezas que hai no fondo dos depósitos móvense e poderían chegar ao teu motor. Vémonos.