Que é o sistema ESP? (Programa Electrónico de Estabilidade)

O sistema ESP evita que á hora de facer un movemento brusco (cambio de carril, derrapaxe etc…) no noso vehículo, este envorque e así evitar un accidente.

É un dos sistemas de seguridade máis importantes que ten o noso vehículo. Desde novembro do 2014 é obrigatorio para todos os vehículos xunto cun sistema de presión de pneumáticos.

Existen certos modelos onde é posible desconectar este sistema de seguridade, ou limitalo para que non sexa tan intrusivo para o condutor, aínda que se pasamos dunha velocidade establecida este conéctase automaticamente.

É un sistema de seguridade activa.
A seguridade activa é aquel conxunto de elementos que proporcionan unha maior eficiencia e estabilidade ao vehículo en marcha, tentando evitar un accidente.

O sistema ESP axuda ao condutor controlando o vehículo mediante uns sensores que comproban 25 veces por segundo que o movemento do volante corresponde coa dirección real coa que se move o noso coche freando as rodas de maneira individual e axustando a potencia do motor, axudando a corrixir a traxectoria do noso automóbil e evitando case nun 80% o risco de envorco.

O sistema ESP está formado por de unha unidade de control electrónico ( UCE), un grupo hidráulico e un conxunto de sensores:

  • Sensor de ángulo de dirección: Este sensor está instalado na dirección, e obtén a dirección que toma o condutor.
  • Sensor de velocidade de xiro de roda: Son os mesmos sensores de ABS e informan sobre o seu comportamento.
  • Sensor de ángulo de xiro e aceleración transversal: Inspecciona cal é o comportamento real do vehículo e se está a comezar a desviarse da traxectoria do condutor.

En definitiva este sistema evita ter un accidente e é importante telo activado de xeito contínuo.