Deberán circular entre 6 e 25 km/ h e non poderán ir polas beirarrúas
Os patinetes e VMP (cunha ou máis rodas e unha única praza) son definidos e considerados vehículos para todos os efectos, polo que estarán obrigados a cumprir as normas de circulación, como fan os coches ou as motos (alcol, drogas, etc.). Quedan excluídos os vehículos para persoas con mobilidade reducida.
Prohibidos patinetes
Os patinetes deben circular entre 6 e 25 km/ h e nunca poderán facelo polas beirarrúas. Tamén terán prohibida a circulación en vías interurbanas, travesías, autoestradas, autovías ou túneles urbanos.
En vigor desde o 2 de xaneiro de 2021
Certificado
Os VMP ou vehículos de mobilidade persoal van necesitar un certificado de circulación para acreditar que cumpren cos requisitos técnicos que se incluirán no manual de características que proximamente recollerá unha resolución da Dirección Xeral de Tráfico. Este certificado será obrigatorio dous anos despois desde que se publique a citada resolución.
Pere Navarro, director xeral de Tráfico, explicou que esta é unha primeira regularización das novas formas de mobilidade, xa que para o futuro está prevista unha nova normativa que regule máis aspectos como a idade para conducilos, o uso de casco ou chalecos reflectores, etc.