Adeus aos triángulos

Pouca vida lles queda aos famosos triángulos de emerxencia que nos acompañaron durante anos, é hora de renovalos e a DXT esta estudando como.

Desde hai uns anos estúdase a forma de non baixar do coche cando temos un contratempo con el.

Segundo os datos do 2019 un total de 117 persoas perderon a vida, moitas delas, tentando colocar os triángulos sen chaleco e ser atropelados.

Así que durante o primeiro trimestre do 2021 aprobásese unha nova forma de sinalizar un vehículo avariado.

Para que nos fagamos unha idea o accesorio, seria similar ás luces da policía secreta, cun sistema moi sinxelo de colocación, simplemente teremos que baixar o portelo e colocala de forma imantada no teito do noso vehículo.

O primeiro que pensamos cando se nos din de non usar os triángulos, lembramos que tiñamos que colocalos a unha certa distancia e así evitar colisións co coche afectado.

Pois este accesorio conta cun reflector parabólico que permitirá que o sinal sexa visible aproximadamente nun quilómetro, mesmo con condicións meteorolóxicas de baixa visibilidade, funcionando con baterías. Pero non só fai a función do triángulo se non que ten conexión por Bluetooth co noso móbil, enviando unha solicitude de asistencia cando sexa activada.